Benvido á páxina principal!

Degradado horizontal de branco a azul co logo da aula enriba

Neocities é un servizo de hospedamento web ao estilo clásico de finais dos 90, coma Geocities.

Tras un rexistro moi rápido e sinxelo podemos acceder ao noso panel de control de Neocities onde podemos editar "na nube" os arquivos HTML ou engadir novos documentos, subpáxinas ou imaxes coma a seguinte.

Podemos empregar o editor propio que funciona únicamente con código ou acceder a editores WYSIWYG externos coma HTML6 Editor. A diferencia de Markdown, HTML ofrece moitísimas posibilidades, polo que escribir directamente o código pode ser confuso se non tes experiencia. Aínda así, a estrutura e formato básico son tamén moi accesibles: strong para grosa, em para cursiva, imaxes con "img src" (ollo ao tema de elixir un tamaño de imaxe adecuado) e ligazóns con "a href"

A cousa non ten máis, podemos profundizar tanto coma desexemos coa liberdade que nos ofrece crear código HTML para a estrutura da páxina e CSS para darlle un estilo uniforme.

Probablemente non sexa a forma máis doada de adentrarse na creación web hoxe en día, pero é unha forma que nos axudará a entender mellor o que estamos a facer en lugar de deixar esa responsabilidade en grandes multinacionais coma Google ou WordPress.